2013-07-03

Expectativas dos educadores

               Rosenthal (1966) fixo un estudio no que se avaliaba as expectativas que tiñan os mestres sobre determinados alumnos. Comprobouse que bastaba darlle a un mestre a expectativa de que algúns membros da súa clase, elexidos ao azar, tiñan unha gran capacidade de mellora para que se optimizase o rendemento académico deses alumnos. Estes experimentos repetíronse moitas veces, co mesmo resultado.
               É moito máis probable que o mestre se esforce para facer que aprenda a resposta se cree que é un neno de capacidade alta máis ca se pensa que ten unha capacidade escasa. Noutros eidos da nosa vida sucede o mesmo: o noso ollar cara aos que nos agradan e os que nos gustan, sempre está cheo de expectativas positivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario