2013-07-22
Proxectos vitais
A meirande parte dos proxectos vitais que facemos os humanos teñen vocación de eternidade ou, cando menos, iso se pretende. Se planificamos facer unha casa, pensamos nos mellores materias para que teña tanta solidez que nos sobreviva. Se prantamos unha árbore, fantaseamos con que pode vivir centos de anos. Se temos fillos, pensamos que eles continuarán levando a nosa herdanza xenética cando nós xa non poboemos a terra. Se nos namoramos, pensamos que será para sempre mais o amor só ten vocación de eternidade; a durabilidade do amor ten que ver co desexo e o esforzo que cada quen poña para que o outro se sinta ben, especial, amado ....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario