2013-04-28
Prioridades
Teño que priorizar outras cousas antes que seguir escribindo este blogue. Cando teña gañas voltarei...
2013-04-27
Medo
Onte foi un dos días nos que tiven máis medo. Direi só que me atopei mal -moi mal- e consideraron no PAC que tiña que achegarme ao hospital. Non sei se o medo se pode controlar, se o pode facer alguén, mais eu non sei facelo. O medo e a dor non son unha boa combinación. Afortunadamente, C. e L. quedaron coa miña filla e quedei máis tranquila porque estaba coa súa amiga e eles son estupendos. Agradecidísima, por suposto. Agradecida a estes pais e a tódolas doutoras que me examinaron. Hoxe estou moi cansa porque cheguei a casa ás 4 da mañá despois de ir na busca da farmacia de garda da zoa que estaba en A Ponte Nova. Creo que vou ver o partido de baloncesto, que é unha das cousas que ainda me ilusionan, e logo descansarei.
2013-04-26
Wanted
Ímos a ter que poñer carteis para atopar ao presidente da nación e que aos cidadáns nos dea explicacións sobre as cifras dramáticas que sobre o paro temos e sobre a situación real de endebedamento que ten o país. Coido que sería máis efectivo usar cartelería ao estilo americano: WANTED.
2013-04-25
Entre nós
Noutro tempo, sentía que me alumeabas coa túa ollada e que ela me elevaba, cada mañá, para seguir... Só coa túa presenza, salvábasme da tristura, da inquedanza, da anguria e da precipitación cara á morte ...
I sit and look out
I sit and look out upon all the sorrows of the world, and upon all
oppression and shame,
I hear secret convulsive sobs from young men at anguish with themselves,
remolseful after deeds done,
(...)
I observer the slights and degradations cast by arrogant persons upon
laborers, the poor, and upon negroes, and the like;
All these - all the meanness and agony whithout end I sitting look out
upon,
See, hear, and am silent.
W.W: By the roadside.
Séntome a contemplar tódalas dores do mundo e toda a opresión e a vergoña,/ Escoito os convulsivos chorimicos, segredos, dos xoves en pelexa consigo mesmos, arrepentidos dos seus actos,/ (...) /Observo as humillacións e degradacións impostas polos orgullosos aos obreiros, aos pobres, aos negros;/ Todas estas cousas, tódalas vilezas e agonías sen fin séntome a contemplalas,/ A ollar, a escoitar, e permanezo mudo.

2013-04-24
Miserables
Que miserables son os que, desde a impunidade e a aceptación dos xefes dalgunhas canles de TV, trivializan, mófanse, rinse, ironizan, falsean, enganan, ... sobre o problema que xa teñen algúns cativos para comer en moitos lugares en España! Pero que fillos de puta!
2013-04-22
Un ollo
O ollo do meu perfil delatoume. A. comentoume que dou co meu blogue porque recoñeceu o meu ollo. Estaba un pouco abraiado da cantidade de gata314 que hai en blogspot. Se antes de abrir esta conta soubese isto ao mellor non me chamaría así. Eu non son unha desas tias estupendas que aparecen espidas, a que colga videos sobre a bachata, as que están tolas polos gatos, etc. Esta confusión serve para botarnos unhas risas ou quén sabe, pode que nalgures haxa algunhas fotos colgadas que teñen que ver coa miña persoa...
2013-04-21
Non pode evitalo
Miña amiga segue a devecer polo señor K e non pode evitalo... Ista é unhas das poucas cousas que non son reprochables e/ou reprobables segundo o meu parecer.
Golpes, mazazos...
Hoxe para o afeccinado do Blusens-Monbus é un golpe que o equipo perdera; para o equipo un mazazo para as súas aspiracións pero non sempre se pode gañar... Se non defendes ben e axeitadamente métenche as canastras e logo comenzas a fallar tamén nos tiros. Nada máis que engadir porque non direi nada sobre momentos puntuais da arbitraxe.
2013-04-20
Patria ilusoria
Patria que te ergues ilusoria, presente no meu imaxinario, mergullada no meu corpo, recordada nesa melodía... Patria ilusoria, espero chegar máis aló desas alfándegas, destas bandeiras... para, cun voltar de pés no escuro, atoparte.
Concurso de patinaxe
Acabamos de chegar dun concurso de patinaxe no que participaba o meu Claro de Lúa. O grupo dela está escomenzando esta andaina pero, inda así, teñen igualmente nervios e están en tensión... Non é un deporte doado e supón un grande esforzo; como tantas outras cousas nesta vida...
2013-04-19
SERGAS
As autonomías reduxeron un 61% no gasto sanitario e non creo que Galicia estea noutras condicións. Sen inversión non se pode facer case nada pero ista é a coxuntura que nos toca vivir. Desde o eido político nos contan que a sanidade pública vai fenomenal... pois non será no meu caso, que levo esperando unha intervención cirúrxica máis de ano e medio. Me suxiren que faga unha reclamación. Se a un amigo meu, por algo que tiña certo grado de prioridade, o operaron despois dun ano, eu xa podo esperar...
2013-04-18
Apuntes
"Un só ve o baleiro, busca por tódolos recunchos e non se atopa a si mesmo."
Kafka: Diarios.
"El escribiuse en anacos."
Canetti: Apuntes (1942-1993)
2013-04-17
2013-04-16
Quen quera que sexas...
WHOEVER you are holding me in hand,
Without one thing all will be useless,
I give you fair warning before you attempt me further,
I am not what you supposed, but far different.
(...)
W.W: Calamus.
Quen quera que sexas, tesme neste intre da man,/ Si falta unha cousa todo será inútil,/ Advírtoche lealmente antes de que pretendas nada de min,/ Eu non son coma ti supoñías, senón moi diferente.
Boston
Imaxino como se deben sentir os bostonianos e todos aqueles que acudían a unha festa do deporte... O home é un lobo para o home. Poderán pasar séculos é non seremos quen de aprender algo. Sospeito que a colocación destes artefactos teñen que ver coas loucuras e transtornos dos chamados inimigos interiores inda que eu non sei nada ao respeito (e sobre outras cousas tampouco).
A miña máis sinceira solidariedade con todos os que sufriron estes actos criminais esperando que identifiquen a estes asasinos canto antes e que paguen por elo... Así sexa.
A miña máis sinceira solidariedade con todos os que sufriron estes actos criminais esperando que identifiquen a estes asasinos canto antes e que paguen por elo... Así sexa.
2013-04-14
MOHER
Escoítote
nas badaladas de Rosalía,
nos versos de Whitmann,
nos cantís de Moher
e na emoción de lembrarte.
(...)
2013-04-13
2013-04-12
Estar fodidos
Nestes momentos hai demasiadas cousas que suceden polas que nos podemos dar por fodidos e, ao mesmo tempo, estar fodidos... Nin quero, nin debo ser máis explícita.
2013-04-11
Gorki
Recomendo o libro de Gorki A nai porque foi un precursor do movemento obreiro, porque retratou unha época na que se estaban producindo cambios profundos na relación entre as clases sociais, porque é un novelista duro, implacable nas súas tendencias, mais cheo de paixón e humanidade... Escribiu A nai en 1906 e estivo retocándoa ata 1922 cando aparece a súa versión definitiva. Eisenstein fixo, a partires deste libro, un filme de gran éxito, e Bertolt Brecht unha adaptación teatral.
Desideratum: gocemos da lectura.
Desideratum: gocemos da lectura.
2013-04-10
A única certeza
Do único que podemos estar certos é que somos seres para a vida e seres para a morte...
2013-04-09
Erotismo
Un mito erótico coma Sara Montiel finou onte. Claro que foi puro erotismo nunha época na que España estaba baixo a dictadura e todo era represión. A rotundidade das súas curvas levantaban paixóns e con seguridade as mentes masculinas ou femininas imaxinaban que estaban con ela cando outra se atopaba ao seu carón.
Este pasado venres tamén finou Bigas Luna: Un director de cine do que algúns pensarán que fixo filmes eróticos mais eu creo que foi máis aló. En Las edades de Lulú supoño que ningunha actriz española faría o papel de Francesca Neri naquelas datas, e nalgúns outros dos seus filmes, só os seus actores se podían agarrar los cojones dese xeito.
Pero non nos enganemos o órgano sexual máis potente é a cabeza. E todos sabemos o que iso significa.

2013-04-08
Alonso Montero
Onte oíndo a radio, Alonso Montero ía dar unha entrevista en relación coa situación actual da R.A.G. mais empezou falando doutras cousas. Dixo unha verdade como un mundo, inda que algúns estarán escandalizados: Bárcenas é o máis honrado porque por riba de el todos son peores. Eu rin moito ata que me din conta do que realmente estaba dicindo. Nunca pensara isto deste xeito e ten toda a razón. Algúns con 86 anos analisan a realidade mellor ca outros con menos.
2013-04-07
Cantigas de maldizer
En contra do que din un sector dos opinadores profesionais, creo que as institucións e as persoas que forman parte delas merecen, cando menos, que se lles fagan unhas cantigas de maldizer. Por que non nas ímos a criticar cando nós, os cidadáns que pagamos impostos, enfrontámonos á máis absoluta opacidade e escoitamos tódolos días un rosario de mentiras? Facer isto, segundo eles, dinamitará todo e por iso deberíamos estar caladiños... Gustaríame, que algunha vez, os que se adican ao público se se lles collese mentindo fosen expulsados da función pública como acontece noutros paises. Agora andan argallando unha lei de transparencia que sospeito que non servirá de moito... Un día instaleime no reino de escepticismo e aí continúo aloxada.
2013-04-05
The Jesus and Mary Chain
Estou a escoitar nestes intres a The Jesus and Mary Chain, rompéndolle os ouvidos aos meus veciños que son uns santos, e lembrando por que me gustaban tanto. A verdade é que foi unha sorte ter amigos de adolescencia que escoitaban outro tipo de música e que cha amosaban con paixón e tolería xuvenil...
2013-04-03
2013-04-02
Compañeiro de viaxe e de vida
A un compañeiro de viaxe e de vida o que se lle pide é que sexa amigo, cómplice, acompañante, amante, que morran por un e que morran sen un, e sobre todo que nos faga feliz... A un compañeiro de vida o que se lle pide é que sinta apaixonamento por un e por tódalas cousas que nos importan... Xa se sabe, o amor é unha forma de loucura.
Non creo que haxa un número determinado de compañeiros que teñan que pasar polas nosas vidas. Cada un terá os que necesite, os que poda, os que quera... Eu tiven dous compañeiros: unha historia que durou dous anos e outra que xa dura máis de dúas décadas. Entón, por que escribo todo isto? O escribo para recoñecerlles que, a pesares dos momentos malos, me fixeron moi feliz, case sempre.

2013-04-01
Terenci Moix
Hoxe, de madrugada, na TVE 2, emitiron unha reportaxe sobre a vida e a obra de Terenci Moix. O adolescente dunha barriada barcelonesa, na época de posguerra, no cine, ollando nesa fiestra outros mundos, outras culturas... A persoa que entendía a vida coma diversión, tanto que o acusaban de frivolidade; algo que non podía ir ligado á imaxe de escritor serio. O individuo que nunca escondeu o que era mais non facía bandeirola delo. O home apaixonado por Exipto...
Na miña vida hai momentos nos que Terenci me facía moi feliz:
- Aquelas tardes nas que participaba no programa de Gemma Nierga, La ventana, eran fantásticas. Sempre esperando aqueles programas que eran puro entretenemento e do que sempre aprendías algo.
- Esa frivolidade súa que era unha invitación á vida, a pasares un rato divertido.
- A súa literatura, case cinematográfica no visual e doada de ler no formal. Lembro unha novela súa que Marco A. leía preto do meu ouvido naquelas noites primaverais... e que lida por outro semellaba máis fermosa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)