2013-04-27

Medo

               Onte foi un dos días nos que tiven máis medo. Direi só que me atopei mal -moi mal- e consideraron no PAC que tiña que achegarme ao hospital. Non sei se o medo se pode controlar, se o pode facer alguén, mais eu non sei facelo. O medo e a dor non son unha boa combinación. Afortunadamente, C. e L. quedaron coa miña filla e quedei máis tranquila porque estaba coa súa amiga e eles son estupendos. Agradecidísima, por suposto. Agradecida a estes pais e a tódolas doutoras que me examinaron. Hoxe estou moi cansa porque cheguei a casa ás 4 da mañá despois de ir na busca da farmacia de garda da zoa que estaba en A Ponte Nova. Creo que vou ver o partido de baloncesto, que é unha das cousas que ainda me ilusionan, e logo descansarei.
                

No hay comentarios:

Publicar un comentario